King Animal

King Animal
Álbum de Soundgarden
Gravaciónfebreiro de 2011 - agosto de 2012
Duración52:01
Xénero(s)metal alternativo, heavy metal, grunge, rock psicodélico
Selo(s)Seven Four, Entertainment/Republic
Producido porAdam Kasper, Soundgarden
Cronoloxía
Live on I-5 King Animal -

King Animal é o sexto álbum da banda estadounidense de grunge Soundgarden, publicado o día 12 de novembro do 2012 a través dos selos Seven Four Entertainment e Republic Records. Producido pola banda e por Adam Kasper, o disco é o primeiro álbum de estudio de Soundgarden en 16 anos, e tamén o primeiro que non foi editado a través de A&M Records dende o Ultramega OK de 1988.

Tras a súa reunión no ano 2010 despois de 13 anos de hiato, e co éxito do recompilatorio Telephantasm, Soundgarden comezou a traballar nun novo álbum sen unha data de lanzamento prevista. A banda realizou unha extensa xira mundial entre a aparición de Telephantasm, en setembro do 2010, e o verán do ano 2012, antes de que se dese a coñecer a noticia da publicación dun novo álbum do grupo para o outono.

"Been Away Too Long" foi o primeiro sinxelo editado de King Animal o 27 de setembro. O 31 de outubro "Non-State Actor" aparecería a través da canle da banda enYouTube. No videoclip da canción aparece unha bandeira estadounidense ondeando co logo de King Animal substituíndo ás estrelas. A semana antes do lanzamento, o álbum foi posto en streaming de xeito gratuíto en iTunes.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy